CAMPAÑA NON AO TTIP
(TRATADO DE COMERCIO E INVERSIÓNS
UNIÓN EUROPEA – ESTADOS UNIDOS)
Ola! Pedímosche só tres minutos de atención!!
A Unión Europea e Estados Unidos, ás costas da poboación e de forma opaca, están a negociar un tratado de “libre” comercio chamado Asociación Transatlántica de Comercio e Investimento (TTIP, polas súas siglas en inglés).
¿Que queren conseguir con este tratado segredo?
O principal obxectivo deste tratado é a eliminación das barreiras “non arancelarias” — ou sexa leis, regulamentos, estándares mínimos de calidade — que limitan os beneficios económicos das empresas transnacionais a ambas dúas as beiras do Atlántico. Con todo, estas ‘barreiras’ son as mesmas que protexen e regulan os nosos dereitos sociais, laborais, sanitarios, económicos, alimentarios, informativos, e ambientais, entre outros.
O TTIP é unha volta de porca da globalización capitalista e un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e laborais.
O TTIP é unha volta de porca da globalización capitalista e un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e laborais.
Que está en xogo?
– O dereito a decidir e a soberanía popular e nada menos que a mesma democracia.
– Máis desemprego, precariedade e recortes nos dereitos laborais.
– Máis permisividade a transxénicos e comida prexudicial para a saúde.
– Desregulamentos sobre o uso de sustancias químicas tóxicas en alimentos, agricultura, roupa e outros bens de uso cotián.
– Unha aposta polas enerxías máis contaminantes e caras. Permisos á extracción de gas coa tecnoloxía perigosa do ‘Fracking‘.
– Cambios en leis de protección da privacidade en Internet e de protección dos nosos datos.
– Desregulamentos no eido financeiro e bancario para provocar máis burbullas financeiras e crises.
– Unha nova onda de privatizacións nos servizos públicos como sanidade, educación, transporte, correos e auga.

Que vai pasar?
Podemos parar o TTIP e iso significará unha fenda no conxunto da UE para que a maioría social e de esquerdas leve adiante o seu posicionamento de gobernar para as maiorías sociais. Non será nada fácil. Os defensores do “libre” mercado teñen moito poder e porán moito empeño para acadar o seu “soño transatlántico”. Temos que mobilizarnos para impedir este tratado, pola súa ratificación levaría a perda de importantes dereitos adquiridos nas longas loitas democráticas, políticas e sociais da cidadanía de Europa e os Estados Unidos, así como do resto do mundo. Neste camiño, somos internacionalistas. Temos que traballar cos movementos sociais de Estados Unidos e organizacións anticapitalistas, sen dúbida.
E que podes facer ti?
#TOMAARÚA! Participa nas accións e manifestacións!! |
|
#CIBERACTÚA!
-Reenvía este mail aos teus contactos para animarlles a participar!
-Segue a campaña nas páxina de Facebook!.
-Publica mensaxes nas redes sociais contra o TTIP usando a etiqueta #NONaoTTIP #NOalTTIP #STOPTTIP
-Publica imaxes das manifestacións. -Adhírete á campaña escribindo un email a nonaottip@gmail.com
|
|
#DOCUMÉNTATE!
http://noalttip.blogspot.com.es/ |