Ciberactúa

LIBRE COMERCIO
CAMPAÑA NON AO TTIP

(TRATADO DE COMERCIO E INVERSIÓNS

UNIÓN EUROPEA  ESTADOS UNIDOS)

Ola! Pedímosche tres minutos de atención!!

A Unión Europea e Estados Unidos, ás costas da poboación e de forma opaca, están a negociar un tratado de “libre” comercio chamado Asociación Transatlántica de Comercio e Investimento (TTIP, polas súas siglas en inglés).
¿Que queren conseguir con este tratado segredo? 
O principal obxectivo deste tratado é a eliminación das barreiras “non arancelarias” — ou sexa leis, regulamentos, estándares mínimos de calidade — que limitan os beneficios económicos das empresas transnacionais a ambas dúas as beiras do Atlántico. Con todo, estas ‘barreiras’ son as mesmas que protexen e regulan os nosos dereitos sociais, laborais, sanitarios, económicos, alimentarios, informativos, e ambientais, entre outros.
O TTIP é unha volta de porca da globalización capitalista e un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e laborais.

Que está en xogo?

– O dereito a decidir e a soberanía popular e nada menos que a mesma democracia.
– Máis desemprego, precariedade e recortes nos dereitos laborais.
– Máis permisividade a transxénicos e comida prexudicial para a saúde.
– Desregulamentos sobre o uso de sustancias químicas tóxicas en alimentos, agricultura, roupa e outros bens de uso cotián.
Unha aposta polas enerxías máis contaminantes e caras. Permisos á extracción de gas coa tecnoloxía perigosa do ‘Fracking‘.
– Cambios en leis de protección da privacidade en Internet e de protección dos nosos datos.
– Desregulamentos no eido financeiro e bancario para provocar máis burbullas financeiras e crises.
– Unha nova onda de privatizacións nos servizos públicos como sanidade, educación, transporte, correos e auga.

Que vai pasar?

Podemos parar o TTIP e iso significará unha fenda no conxunto da UE para que a maioría social e de esquerdas leve adiante o seu posicionamento de gobernar para as maiorías sociais. Non será nada fácil. Os defensores do “libre” mercado teñen moito poder e porán moito empeño para acadar o seu “soño transatlántico”. Temos que mobilizarnos para impedir este tratado, pola súa ratificación levaría a perda de importantes dereitos  adquiridos nas longas loitas democráticas, políticas e sociais da cidadanía de Europa e os Estados Unidos, así como do resto do mundo. Neste camiño, somos internacionalistas. Temos que traballar cos movementos sociais de Estados Unidos e organizacións anticapitalistas, sen dúbida.

E que podes facer ti?

 demonstration-144957_640.png  

#TOMAARÚA!

Participa nas accións e manifestacións!!

MONKEY

Imaxe: cyber monkey monday

#CIBERACTÚA!

Asina NON ao TTIP e CETA

-Reenvía este mail aos teus contactos para animarlles a participar!
-Segue a campaña nas páxina de Facebook!.
-Publica mensaxes nas redes sociais contra o TTIP usando a etiqueta #NONaoTTIP #NOalTTIP #STOPTTIP
-Publica imaxes das manifestacións.
-Adhírete á campaña escribindo un email a nonaottip@gmail.com
DOCUMENTATE
#DOCUMÉNTATE!

http://nonaottip.org/

http://noalttip.blogspot.com.es/

http://www.bilaterals.org

http://corporateeurope.org

http://www.s2bnetwork.org

Non au Traité Transatlantique (campaña en Francia)

http://www.nottip.org.uk

http://stop-ttip.org/es

Comments are closed