Campaña de financiamento STOP TTIP, CETA e TISA

Banner-Web-Pepa-Loba-Stop-TTIP-CETA-TISA-1024x781

As organizacións que participan da campaña NON AO TTIP , vimos de lanzar unha campaña de financiamento colectivo para poder seguir levando adiante a tarefa de sensibilización sobre que son os Tratados de Libre Comercio e que consecuencias terán para os dereitos das persoas, a soberanía dos pobos e o medio ambiente.

Fronte ao escurantismo co que se están a negociar estes tratados e a ausencia dunha presencia continua e relevante nos medios de comunicación masivos, fan necesario o desenvolvemento de mecanismos para que as persoas poidan ter acceso á información sobre que é, o que supoñen estes tratados e como nos afectarán, ao tempo que axuden a desenvolver un tecido social activo en torno a estes tratados.

A realización desta campaña de sensibilización desenvolverase a través de distintos tipos de materiais. Buscarase ter presenza en dous espazos, o educativo (unidades didácticas para os docentes, charlas en centros educativos…) e o comunicativo (cuñas na radio, paneis informativos…).

Para isto establecese como obxectivo máximo de financiamento da campaña 11.220 €, a cal está dividida en 10 niveis (Nivel inicial 1.530 €, canto mais nivel de desenvolvemento da campaña academos mais difusión terá, facilitando o fin último que é dar a coñecer os Tratados de Libre Comercio (TTIP, CETA , TISA….) e as súas consecuencias. De forma complementaria tamén lanzamos o sorteo dunha cesta de produtos ecolóxicos valorada en 100€ as rifas véndense a 1 € e podes adquirilas a través de calquera dos colectivos que participa da campaña Non Ao TTIP.

Animamos a todas as persoas a aportar o seu gran de area para facer chegar esta campaña o maior número de xente posible, xa sexa facendo achegas ou colaborando na difusión da mesma.

Mais info da campaña de financiamento:

https://pepaloba.org/gl/campanas/stop-ttip-ceta-e-tisa/

Comments are closed