Lanzamos o CETA CHECK 2.0!

CETAcheck_NONAOTTIP

Estreamos a segunda fase da campaña ‘CETA Check‘.
As/os cidadás/cidadáns poderan agora pedir aos membros do Parlamento Europeo (MEPs) que se comprometan a votar contra o CETA, o acordo de comercio e investimentos entre a Unión Europea e Canadá.

A campaña é apoiada pola ampla rede de alianzas contra o TTIP que, xunto coa Iniciativa Cidadá Europea auto-organizada, recolleu máis de 3.5 millóns de firmas contra o CETA e o TTIP.

A través do CETA Check, cidadás e cidadáns de toda Europa fixeron preguntas a eurodiputadas/os e a ministras/os acerca de diferentes cuestións inherentes ao tratado que preocupan á cidadanía. Os 28 gobernos da UE asinaron o CETA sen sequera abordar estas preocupacións. Pronto o Parlamento Europeo será chamado a votar sobre o acordo, razón pola que é moi importante que a cidadanía presione as/as eurodiputadas/vos.

O CETA representa unha ameaza para os estándares e as regulacións da UE. Crea un sistema de xustiza paralela con privilexios para os investidores estranxeiros a través do Sistema de Corte de Investimentos (ICS, polas súas siglas en inglés).
Tan só hai unhas semanas, máis de 100 expertos en Dereito da Unión Europea asinaron un chamamento pedindo o rexeitamento deste instrumento. É canto máis importante dicir a nosas/os eurodiputadas/os de non apoiar este acordo tóxico.

O CETA Check 2.0 atópase dispoñible neste enlace: CETACheck
Ademais de utilizar a ferramenta on-line, as/os cidadás/cidadáns poden contactar directamente coas súas propias representantes por teléfono, a través de reunións, encontros públicos.

Mira o vídeo do CETA CHECK 2.0!

Comments are closed