Continuando a mobilización global do pasado 18 de Abril, dende o 10 ata o 17 desenvolveranse os Días de Acción Intrnacional contra os Tratados de Libre Comercio. O 10O marcará o punto de partida nun Día de Acción Global onde ducias de cidades de todo o mundo mobilizaranse contra os Tratados de Libre Comercio para despois ir concentrando aos poucos as accións cara a Bruxelas que será onde se aglutinarán as mobilizacións dende o día 15 ata o 17. Galiza sumarase a esta convocatoria conxunta de carácter internacional conformada por persoas, colectivos, sindicatos e partidos de diversas procedencias e liñas ideolóxicas. Vigo acollerá a manifestación central para o día 10 de outubro que partirá dende a Praza da Independencia ás 20:00h, e continuará o seu percorrido por Praza América, rematando en Castrelos coa lectura dun manifesto.
Máis información sobre a mobilización global en: https://www.trade4people.org/
DIFUNDE O EVENTO!!: https://www.facebook.com/events/1689155374655395/
Stop TTIP, CTA, TPP e TISA