A sociedade civil mobilizarase contra a ratificación do CETA

ceta-642x3362f94-26eff

A campaña Non ao TTIP, CETA, TiSA, da que forma parte Ecologistas en Acción, pide aos grupos parlamentarios tempo suficiente para un escrutinio exhaustivo dun tratado que impactaría directamente na poboación e hipotecaría gravemente o seu futuro.

O pasado venres o Consello de Ministros ten previsto remitir o tratado comercial entre a Unión Europea e Canadá (CETA) ás Cortes. É un dos primeiros pasos no proceso de ratificación estatal despois da firma en outubro e que unha maioría do Parlamento Europeo dese luz verde ao tratado o pasado 15 de febreiro.

Tal como tiñamoss anunciado en febreiro cando o Parlamento Europeo votou sobre o acordo con Canadá, mobilizarémonos para impedir a ratificación do CETA no trámite parlamentario”, comunica a campaña Non ao TTIP, CETA, TiSA, formada por máis de 350 organizacións sociais, sindicais e políticas opostas aos tratados comerciais neoliberais.

O Congreso dos Deputados e o Senado deberían dedicar o tempo necesario para examinar con detalle este tratado de 1.600 páxinas e asegurar que as preocupacións sobre un texto de tal envergadura sexan consideradas baixo a lupa do interese xeral. Hai graves controversias, por exemplo, relacionadas coa xestión dos servizos públicos, a posibilidade que teñen os investidores para desafiar leis cun tribunal de arbitraxe específica, o encarecemento de medicamentos coas regras de propiedade intelectual, a precarización laboral mediante a mobilidade temporal de traballadoras e traballadores, a prohibición de regular servizos financeiros que poden causar novas quebras bancarias e financeiras, os impactos na contratación pública dos municipios ou os capítulos de regulación nacional que rebaixan estándares ambientais ou pon en perigo a saúde”, sinala a campaña.

O mundo rural, as pequenas e medianas empresas (pemes) e os servizos públicos están entre os grandes prexudicados do tratado comercial con Canadá, así como as persoas afectadas polas hipotecas (PAH), as preferentes ou as cláusulas chan.

As organizacións integrantes da campaña, entre as que se atopa Ecologistas en Acción, solicitan aos grupos parlamentarios a creación dunha comisión de estudo do CETA e o encargo dun estudo de impacto independente.

Portavoces da campaña engadiron: “Son asuntos de gran peso que merecen ser estudados e debatidos co máximo rigor. Así mesmo, todas as partes interesadas deben ter a posibilidade de presentar as súas análises ante as e os representantes parlamentarios. É fundamental que a cidadanía teña a oportunidade de ser escoitada en cantas audiencias fagan falta en sede parlamentaria. Sen estudos previos para coñecer os impactos do CETA no Estado español e sen consultas coa sociedade, é imposible cumprir coa función lexislativa e de control parlamentario, é dicir, non habería nin transparencia nin democracia”.

Por todo iso, faise un chamamento a toda a sociedade a sumarse á campaña de presión política cara aos grupos parlamentarios para dar a coñecer os múltiples perigos que tería o CETA.

Pídese tamén aos representantes de parlamentos autonómicos e concellos que informen as consecuencias do CETA no seu ámbito e expliquen como restrinxiría o dereito a regular e limitaría a autonomía local e a soberanía parlamentaria.

Ademais dunha campaña de información e difusión en medios, convocaranse diferentes mobilizacións para expresar, antes da votación nas Cortes, o rexeitamento a un tratado deseñado para os intereses de grandes grupos empresariais e non para os da maioría social.

 

Fonte: Tercera Información

Comments are closed