Na segunda entrega desta serie de tres curtos documentais, descríbese como a lex mercatoria afianza e fortalece o poder das grandes corporacións transnacionais.
Nesta segunda entrega de Onde vai o capitalismo español?, unha serie de tres curtos documentais producidos por Intermedia Producciones e o Observatorio de Multinacionales en América Latina (OMAL) – Paz con Dignidad, presentamos como “a arquitectura xurídica da impunidade” afianza e fortalece o poder das grandes empresas transnacionais.
Portas xiratorias, lobbies, tratados de “libre comercio”, acordos de investimento, tribunais de arbitraxe internacional… son as pezas crave da nova lex mercatoria. Unha armadura xurídica e política que protexe os negocios das compañías multinacionais e que contrasta coa súa impunidade cando se cometen violacións dos dereitos humanos. Como nos casos do derrube do Rana Praza en Bangladesh, onde producían roupa marcas internacionais como Mango e El Corte Inglés, ou do ecocidio da petroleira Chevron- Texaco en Ecuador.
“Estamos a ver unha volta de porca do capitalismo globalizado, que se está volvendo máis expresa e directamente violento”, di Amaia Pérez Orozco sinalando a reestruturación do sistema para eliminar a oposición social á mercantilización de cada vez máis esferas da vida. Como apunta a activista guatemalteca Lolita Chávez, cada vez hai máis ataques violentos contra as mulleres defensoras.
Fonte: El Salto