✍️ Asina aquí: http://www.noalttip.org/StopISDS
Nace unha campaña europea contra os tribunais exclusivos que permiten ás multinacionais demandar aos gobernos.
◾ Coincidindo co inicio do Foro Económico Mundial en Davos 2019, unha coalición de organizacións da sociedade civil, movementos sociais e sindicatos de máis de 18 países da UE lanzamos a campaña ‘Dereitos para as persoas, obrigacións para as multinacionais. Stop ISDS’.
◾ Pedimos a eliminación de todos os tratados co sistema de ‘Solución de controversias entre investidores e estados’ ( ISDS). Este mecanismo outorga o dereito ás empresas multinacionais a demandar aos gobernos en caso de reducir os seus beneficios económicos.
◾ No seu lugar, esiximos un tratado internacional vinculante acompañado dunha lei estatal, que permita xulgar ás transnacionais pola violación de dereitos humanos en calquera territorio onde operen.
◾ A campaña quere enviar unha mensaxe ás/aos directivxs das multinacionais e aos gobernos reunidos no Foro Económico Mundial en Davos culpables de cometer crimes ambientais e sociais.
O mecanismo ISDS atópase na maioría dos tratados de comercio e de investimento, como no Acordo Económico e Comercial Global UE-Canadá ( CETA) ou no Acordo de Asociación Trans-Pacífico ( TPP). O Estado español é agora mesmo o país da Unión Europea que máis demandas acumula ante tribunais de arbitraxe, o que podería traducirse na perda de miles de millóns de euros de diñeiro público para a defensa legal e o pago de indemnizacións ás/aos investidorxs: desde fondos de investimento especulativos, a empresas públicas ou grandes multinacionais. Se xs investidorxs gañasen todas as demandas, o Estado tería que pagar máis de 7.500 millóns de euros dos orzamentos públicos.
Dous exemplos actuais: Edgewater, unha empresa mineira canadense, demandou ao Estado español por cancelar a licenza de explotación dunha mina ao descuberto en Corcoesto (Galicia) invocando un tratado bilateral de investimentos entre España e Panamá e socavando con iso o dereito á defensa do medioambiente e a saúde do pobo galego. Vattenfall, unha multinacional sueca, demandou a Alemaña dúas veces, unha vez por aplicarlle medidas ambientais nunha central de carbón e outra pola súa decisión soberana de saír da enerxía nuclear, o que podería custar miles de millóns de euros ás/aos contribuíntes alemáns.
Pola súa banda, as multinacionais españolas son das que máis utilizan esta xustiza paralela para cobrar unhas fortunas e socavar a soberanía noutros países. Por exemplo, Naturgy (antiga Gas Natural Fenosa) e Telefónica interpuxeron demandas de arbitraxe contra Colombia por regulacións públicas no sector de servizos.
Así mesmo, 321 defensoras e defensores de dereitos humanos foron asasinadas en 2018 por opoñerse a abusos corporativos. Para as persoas afectadas polas violacións dos dereitos humanos cometidas por empresas transnacionales, con todo, é moi difícil acceder á xustiza.
Por todo iso, a campaña europea “Dereitos para as persoas, obrigacións para as multinacionais” articularase ao redor dunha recollida masiva de firmas para involucrar a millóns de persoas en toda Europa ao redor de dúas cuestións:
1. Esixir a eliminación dos tribunais corporativos ( ISDS) en todas as súas formas, saír dos tratados de comercio e investimento que conteñan o ISDS ou outro mecanismo parecido, e non asinar novos tratados deste calado no futuro.
2. Promover o establecemento dun tratado vinculante das Nacións Unidas sobre empresas transnacionales con respecto aos dereitos humanos, así como establecer leis europeas e estatais que poñan fin á impunidade corporativa.
A recollida de firmas iníciase coincidindo co Foro Económico Mundial en Davos, e ten unha duración prevista dun ano. Á súa vez acordouse a realización de dúas accións de mobilización cidadá europea común nos meses de abril e outubro deste ano.
Fonte: No al TTIP