- François Hollande quere o final “puro, simple e definitivo” das negociacións sobre o tratado de libre comercio con Estados Unidos.
- “As posicións non se respectaron, o desequilibrio é evidente”, apunta o máximo responsable francés.
- A Casa Branca continúa firme na súa intención de pechar o acordo coa Unión Europea antes de finalizar o mandato de Obama, a finais de ano.
O presidente francés quere o fin “puro, simple e definitivo” das negociacións con Estado Unidos sobre o TTIP. “As posicións non se respectaron, o desequilibrio é evidente”, afirmou este martes François Hollande, que fixo referencia a unha asimetría de forzas na mesa de diálogo a favor dos americanos.
” Francia prefire mirar as cousas de fronte e non cultivar a ilusión de que se podería concluír un acordo antes do fin do mandato” de Barack Obama, continúa o mandatario galo.
As declaracións de Hollande chegan horas despois de que o secretario de Estado francés tamén se pronunciase no mesmo sentido. “Francia pedirá o fin das negociacións do TTIP”, comentou Matthias Fekl, que adiantou que esta será a postura do seu país na Comisión Europea.
“Xa non existe apoio político de Francia para as negociacións”, declarou Matthias Fekl á radio RMC, segundo recollen varios medios. Fekl tamén compartiu esta posición a través do seu perfil de Twitter.
Fekl xustificou esta posición porque desde o comezo esas conversacións transatlánticas leváronse a cabo “con opacidade” e xeraron “moita desconfianza e medo”.
Fekl tamén incidiu en que as negociacións entre ambas as partes están desequilibradas a favor dos intereses de Estados Unidos: “Os americanos non dan nada ou só migallas (…) Entre aliados non se negocia así”.
O secretario de Estado galo considera que as negociacións terán que empezar de novo máis adiante, “con novas bases”, pero non abandonarse.
A petición de Francia será trasladada a Bruxelas en setembro, durante unha reunión de ministros de Comercio Exterior en Bratislava (Eslovaquia).
Alemaña defende seguir negociando
A chanceler alemá, Angela Merkel, todavía ve posible a firma do tratado de libre comercio entre Estados Unidos e a UE, expresou este luns. A postura do goberno xermano chegou despois de que o seu ministro de Economía e vicechanceler, Sigmar Gabriel, dera también por fracasadas “de facto” as discusións sobre o acordo.
“Continuar negociando é o correcto”, afirmou un portavoz do goberno onte, aínda que sinalou que “obviamente hai diferenza de opinións” en asuntos como a protección do medio ambiente e os dereitos do consumidor.
Segundo o portavoz, a chanceler considera que a súa obrigación consiste en esperar o que é capaz de lograr a UE e lembrou que en moitas negociacións o impulso decisivo non chegou ata a última rolda de conversacións.
EEUU quere pechar este ano o acordo
O Goberno de Estados Unidos segue firme no seu obxectivo de culminar as negociacións do acordo de investimentos e libre comercio (TTIP) coa Unión Europea (UE) antes de que termine o ano, afirmou hoxe a Casa Branca.
“Continuamos traballando cara ao obxectivo de completar esas negociacións antes de que finalice o ano”, sinalou na súa rolda de prensa diaria o portavoz da Casa Branca, Josh Earnest.
Earnest recoñeceu que hai “aspectos significativos do acordo que necesitan ser negociados” e, por iso, o presidente de Estados Unidos, Barack Obama, está a enviar ao seu representante de Comercio Exterior, Michael Froman, a Europa “nun par de semanas” para que prosiga coas conversacións.
A Comisión Europea (CE), pola súa banda, insistiu en que continúa negociando o acordo con Estados Unidos en nome dos 28 Estados comunitarios, ao entregarlle estes un mandato “unánime”.
Fonte: http://www.eldiario.es