4-decembro-2017
Tribunal Mundial para as Corporacións: os plans da Unión Europea para expandir e institucionalizar as disputas entre investidores e Estados.
O Centro para o Dereito Ambiental Internacional ( CIEL), Seattle to Brussels Network ( S2 B) e a Fundación Rosa Luxemburgo publican un novo informe para advertir que o Tribunal Multilateral de Investimentos ( MIC) proposto pola Comisión Europea busca perpetuar o sistema antidemocrático de solución de controversias investidor-estado ( ISDS) que socava a autoridade democrática nacional e prioriza as ganancias corporativas por riba de todo.
O informe revela que a proposta da UE para un tribunal global para inversores é unha manobra perigosa para salvar o controvertido sistema de arbitraxe privada de investimentos substituíndoo cunha copia renomeada.
Aquí o enlace ao comunicado de prensa e ao informe (en inglés)
Fonte: No al TTIP