A meirande parte dos europarlamentarios négase a debater sobre el Acordo Comercial e de Inversión entre a UE e Canadá

la_mayoria_de_los_europarlamentarios_se_niegan_a_debatir_sobre_el_acuerdo_comercial_y_de_inversion_entre_la_ue_y_canada-e7122-bbc4a

Este mércores votarase unha resolución que busca examinar a compatibilidade do acordo comercial cos Tratados da Unión Europea.

Dúas datas chave sinalan o calendario cara a ratificación do CETA no seo do Parlamento Europeo. Este mércores 23 votarase a resolución que pide ao Tribunal de Xustiza Europeo unha opinión sobre a legalidade do mecanismo privado de arbitraxe para inversores (ICS) incluído no CETA. Se o voto é negativo, o vindeiro 5 de decembro o INTA votará un informe negando a posibilidade do debate no pleno do 14 de decembro, onde simplemente se votaría SI ou NON ao CETA. Este calendario axustado urxe a necesidade dunha mobilización cidadá capaz de reclamar a apertura de debate democrático sobre o CETA.

Comunicado da Campaña #NoalTTIP – @noalttip

Mañá 23 de novembro votarase no Parlamento Europeo unha resolución [1] presentada por oitenta e nove europarlamentarios de seis grupos políticos que insta a pedir ao Tribunal de Xustiza Europeo unha opinión legal sobre a compatibilidade do CETA cos Tratados da UE. A petición busca unicamente asegurar que este acordo comercial se axuste ao estado de dereito e á lexislación europea. En caso de aprobarse, a consulta ao alto Tribunal europeo non bloquearía o proceso de ratificación e a aplicación provisional del CETA, pero si abriría un proceso legal que podería anular o voto se se considera contrario aos intereses dos e das europeas.

A Campaña Non ao TTIP denuncia as presas e a falta de debate durante o proceso de ratificación do CETA, o acordo económico e comercial que a Unión Europea pechou con Canadá.

A votación de mañá e a negativa a debater sobre este relevante asunto no pleno do Parlamento Europeo revela o nerviosismo e as presas por parte dos grupos políticos que defenden o tratado, mostrando un talante pouco democrático que ademais de evitar o debate desoe a numerosas organizacións da sociedade civil que mostraron as súas serias reservas a este tratado” declaran membros da Campaña Non ao TTIP.

Calquera eurodiputado ou eurodiputada, estea a favor ou en contra do CETA, ten que permitir que o Tribunal europeo dea a súa opinión legal e informada sobre o impacto destes tratados”, en opinión de membros da Campaña Non ao TTIP.

Porén, con apenas 14 votos de diferenza a maioría da cámara impediu a celebración dun debate previo á votación deste mércores 23 de novembro, o que deixa en evidencia unha vez máis a vontade das forzas políticas máis liberais de ratificar o acordo canto antes e sen ningún tipo de debate democrático. O voto tamén mostra a crecente división interna no seo dalgunhas familias políticas [2].

Ademais, o pasado 17 de novembro a Conferencia de Presidentes del Parlamento Europeo (o lugar onde os diferentes presidentes de grupo discuten e onde a gran coalición europea de populares (PPE) e socialdemócratas (S&D) fragua os seus pactos) [3] decidiu que o CETA se discutirá unicamente na Comisión de Comercio Internacional (INTA) rexeitando que se discuta nas comisións de Emprego (EMPL) e Medio Ambiente (ENVI), onde os detractores son maioritarios, tendo presentado ambas comisións informes criticando o CETA.

O feito de que o voto se circunscriba á Comisión INTA mostra o temor a abrir un verdadeiro debate de calidade a nivel europeo. Sabendo o amplo impacto que el CETA terá en moitos sectores, isto é toda unha declaración de intencións dos xefes dos grupos parlamentarios para non permitir un debate no parlamento.

Visto o resultado do voto de onte é probable que os liberais e conservadores coa axuda dun importante sector dos socialistas impidan aos xuíces europeos dar a súa opinión sobre a legalidade dos tribunais de arbitraxe incluídos no mecanismo denominado ICS. Esta negativa é especialmente grave, pois un gran número de profesores de dereito, expertos xurídicos e a Asociación Europea e Alemá de xuíces consideran que o ICS vulnera a lexislación da UE. A deriva antidemocrática da gran coalición europea está levando á negación de todo tipo de debate.

Onte fomos testemuña da continuación da mesma política grazas ao voto da dereita e coa ausencia da metade da cámara, pero tamén temos visto algunhas desercións que indican que o traballo de sensibilización comeza a surtir efecto. Por isto, agora máis que nunca é necesario continuar coas mobilizacións cidadás contra os mal chamados acordos de libre comercio como o CETA ou o TTIP.

Este déficit democrático no seo das institucións europeas é un auténtico escándalo e urxe unha resposta cidadá capaz de reclamar a apertura de debate democrático sobre o CETA. Non podemos permitir que nos rouben as nosas xa reducidas capacidades de facer políticas públicas en nome do progreso económico para uns poucos. É o momento de reclamar a democracia.”

Desde a campaña Non ao TTIP pedimos ás eurodiputadas e eurodiputados que non nos priven da posibilidade de que a Xustiza europea poda dar a súa opinión sobre a compatibilidade legal dos tribunais de arbitraxe (os dereitos privados para os inversores que se contemplan neste tratado) cos sistemas xudiciais dos diferentes estados membros.

Ante este novo ataque á participación democrática, desde a Campaña NonaoTTIP, CETA, TiSA chamamos a organizacións, movementos sociais e persoas individuais a participar activamente nos vindeiros días en todas as accións que se vaian organizando para incidir nas vindeiras datas chave do proceso de ratificación.

Notas ao editor:

[1] Resolución do Parlamento Europeo pola que se solicita o ditame do Tribunal de Xustiza sobre a compatibilidade cos Tratados do Acordo Económico e Comercial Global previsto entre Canadá e a Unión Europea http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+MOTION+B8-2016-1220+0+DOC+XML+V0//ES

[2] Acta votación 21/11/2016 http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fNONSGML%2bPV%2b20161121%2bRES-RCV%2bDOC%2bPDF%2bV0%2f%2fEN&language=EN

http://www.europarl.europa.eu/committees/es/conference-of-committee-chairs.html

Fonte: http://www.noalttip.org/

Comments are closed