A UE estuda unha vía rápida para acordos como o TTIP sen consultar aos parlamentos nacionais

92202_ceta-ttip4_thumb_650

 5-9-17

A Comisión Juncker quere evitar outra escena como a da cámara de Valonia rexeitando de plano o tratado comercial con Canadá.

A Comisión Europea liderada por Jean- Claude Juncker estuda simplificar o camiño á política comercial da UE cunha especie de ratificación ‘express’ dos acordos de comercio: eliminará a necesidade de que os tratados deban aprobarse nuns corenta parlamentos, nacionais e rexionais, de toda Europa.

Segundo informa Politico.eu, Juncker quere evitar escenas como a que se viviu en Bélxica a conta do acordo comercial entre a UE e Canadá, o CETA. O pasado ano, a asemblea de Valonia case acaba co tratado ao aferrarse en firme á súa capacidade para vetar, como cámara parlamentaria dun país membro, un acordo que finalmente viu a luz tras a negociación expresa co parlamento rexional.

Bruxelas non quere repetir a experiencia e evoca o rápido ‘si’ a Xapón do pasado mes de xullo como guía para avanzar en futuros acordos con Australia e Nova Zelandia. Estes novos lazos comerciais serán os primeiros en paladear un marco de ratificación de tratos mercantís no que parlamentos nacionais e rexionais non poderán mostrar a súa rebeldía.

Segundo o mesmo medio, as propostas para negociar a modificación coñeceranse en cuestión de días, ao pouco de que Juncker inaugure o curso político na UE. Os países membros deberán, porén, aprobar este cambio de modelo para a firma de acordos tan polémicos como o TTIP.

O borrador filtrado da proposta do gabinete da comisaria europea de Comercio, Cecilia Malmström, evidencia un novo esquema en dous grandes bloques: a gran maioría dos capítulos dos tratados serán competencia exclusiva da UE, e haberán de ser ratificados pola Eurocámara e polos representantes de cada Estado membro no Consello.

Os parlamentos nacionais só serán chamados a dar o seu visto bo a seccións relacionadas cos investimentos e as futuras vías de resolución de demandas entre investidores e Estados.

Fonte: El Boletín

Comments are closed