A aprobación do tratado comercial entre a Unión Europea e Xapón debilita a democracia

 

A pesar do rexeitamento por parte de sindicatos, organizacións sociais e ecoloxistas o tratado comercial foi aprobado no Parlamento Europeo e entrará en vigor en febreiro sen pasar pola ratificación dos parlamentos nacionais.

Miles de persoas participaron na acción online da campaña estatal “Non aos Tratados de Comercio e Investimento” pedindo aos representantes no Parlamento Europeo que non votasen a favor do perigoso tratado comercial entre a UE e Xapón coñecido como JEFTA.

Denunciamos a falta de participación e de información para a toma de decisións de asuntos tan relevantes como os tratados de comercio e investimento. Os resultados das negociacións non foron obxecto dunha avaliación de impacto, algo que é obrigatorio segundo as propias políticas da Comisión Europea, e tampouco se realizou unha análise coidadosa e exhaustiva por parte do Parlamento Europeo. De feito, os grupos parlamentarios maioritarios (entre eles o PP, C’s e o PSOE) cederon todo o poder á Comisión Europea e os Estados membros para ratificar este acordo de présa e sen un debate parlamentario. Ningún goberno pediu no seo do Consello da UE que o JEFTA fóra de “carácter mixto” para que os parlamentos nacionais puidesen decidir sobre el.

Do mesmo xeito que outros acordos comerciais recentes o JEFTA foi negociado por funcionarios da Comisión Europea en segredo e sen transparencia durante catro anos. Mesmo se pode dicir que houbo máis opacidade da que denunciamos durante as negociacións do TTIP.

Organizacións medioambientais advertiron do impacto que este tratado supoñería para a defensa do planeta, en concreto na destrución dos bosques ou no aumento da caza ilegal de baleas. Así mesmo o Sindicato Europeo de Servizos Públicos ( EPSU) e a Confederación Europea de Sindicatos ( ETUC) alertaron de que o tratado non presentaba garantías para o traballador/a pero si aumentaba a influencia dos lobbies corporativos sobre as nosas Leis.

A campaña “Non aos Tratados de Comercio e Investimento” felicita ás persoas comprometidas na defensa do planeta e os dereitos sociais e económicos das maiorías e chama á mobilización no 2019 para garantir un cambio nas políticas de comercio da Unión Europea no marco das eleccións europeas.

Facemos un chamamento a que o próximo Parlamento Europea que sairá nas eleccións do 26 de maio teña a vontade para cancelar estes tratados comerciais e poñer en marcha unha política alternativa. Denunciaremos a aqueles membros do Parlamento Europeo e grupos políticos que votaron a favor do CETA ou do JEFTA para que non sexan reelixidos.

A globalización corporativa está a xerar un sistema de exclusión e pobreza cada vez máis acentuada e é perigosa debido a que dá paso a opcións políticas de extrema dereita.

Preocúpanos profundamente a cegueira coa que nos dirixe quen aprobou este tratado sen sequera pedir unha avaliación de riscos ou consultar ás organizacións sociais, ambientais, e sindicais, que entenden o contido e os impactos do tratado.

Noticias con máis información sobre o voto ao JEFTA:

O Parlamento Europeo ratifica o tratado comercial con Xapón ignorando o malestar social https://www.elsaltodiario.com/acuerdos-comerciales/parlamento-europeo-ratifica-tratado-comercial-con-japon

Alerta polo JEFTA, o controvertido tratado entre a UE e Xapón aprobado este mércores https://www.cuartopoder.es/economia/2018/12/12/alerta-por-el-jefta-el-controvertido-tratado-entre-la-ue-y-japon-que-se-vota-este-miercoles/

a Eurocámara disponse a ratificar o tratado de libre comercio con Xapón sen terse debatido nos parlamentos nacionais: https://www.eldiario.es/economia/Eurocamara-ratificar-Japon-parlamentos-nacionales_0_845166152.html

Fonte: No al TTIP

 

Comments are closed