14 de xuño de 2018
O ministro de Agricultura nacionalista italiano afirmou o pasado 14 de xuño que o seu goberno non ratificará o acordo de libre comercio entre a UE e Canadá, aducindo que non protexe a aos agricultores do seu país.
En outubro de 2016, a Unión Europea (UE) e Canadá asinaron formalmente o Acordo Económico e Comercial Global (CETA, conforme a súa sigla en inglés), nun momento no que o sentimento antiglobalización ía en aumento en Europa. O acordo, que aínda non foi ratificado, elimina o 98 por cento dos aranceis entre a UE e Canadá.
Os opositores ao acordo de toda Europa consideran que é un perigo para a saúde, a democracia e o Estado de Dereito. As agricultoras e agricultores de Italia mobilizáronse en 2017, esixindo ao goberno que rechazara ratificar o tratado.
Os partidarios do CETA, porén, veno como unha extensión máis do sistema de comercio global, que se enfronta ao reto que supón o proteccionismo do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump. A globalización está tamén sometida aos ataques dos euroescépticos e os partidos antisistema, como os que acadaron o poder nas eleccións italianas dos mes de marzo.
Nunha entrevista publicada o 14 de xuño no xornal italiano La Stampa, o ministro de Agricultura Gian Marco Centinaio dixo: “Non ratificaremos o tratado de libre comercio con Canadá porque só protexe unha parte pequena da nosa produción de Denominacións de Orixe (PDO, na súa sigla e inglés), e Indicativos Xeográficos protexidos (PGI, conforme a súa sigla en inglés)”. E engadiu: “Pediremos ao Parlamento que non ratifique este tratado nin outros similares ao CETA”.
Centinaio afirmou que a decisión foi adoptada no acordo de goberno publicado polo goberno de coalición populista composto polo Movemento antiestablishment Cinco Estrelas e a Liga de extrema dereita. Como membro da Liga, engadiu que a súa decisión non reflectía só a posición nacionalista do seu partido, senón que “as dúbidas sobre este acordo son comúns entre os meus colegas europeos”.
Con todo, o mesmo 14 de xuño á tardiña a chanceler canadense, Chrystia Freeland, dixo que estaba “segura de que finalmente obteremos unha ratificación total”. Freeland sinalou que o acordo entrara en vigor provisionalmente en setembro pasado. “Case o 100 por cento do impacto económico real e o beneficio do CETA xa o senten os canadenses e os europeos”, dixo.
Freeland tamén mencionou a súa “satisfactoria conversación sobre o CETA” co primeiro ministro italiano, Giuseppe Conte, no cume do G7 o pasado fin de semana na provincia canadense de Quebec.
Fonte: thelocal.it