Un ano do CETA – os seus beneficios, a nosa ruína

Por No al TTIP | 21-9-18

Hai un ano o CETA – o tratado comercial e de investimentos entre a UE e Canadá – entrou en vigor de maneira provisional. Isto quere dicir que a maior parte do contido do tratado xa está a operar. Con todo, a maioría dos parlamentos nacionais da UE aínda non chegaron a un acordo nin tampouco o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ten ditaminado sobre a legalidade do CETA.

Despois dun ano, é difícil avaliar os impactos directos do tratado, pero o que está claro é:

Increméntanse as exportacións de Canadá á Unión Europea notablemente en aluminio; automóbiles; químicos, combustibles minerais e petróleo; e produtos farmacéuticos pola redución de barreiras non arancelarias, é dicir eliminación de regulacións (pois os aranceis nestes produtos estaban case en cero), e non polo aumento en criterios ambientais ou éticos (1)

Non se xeraron empregos significativos e de calidade pero hai evidencias de que as grandes empresas e multinacionais que xa exportaban a Canadá beneficiáronse neste primeiro ano do CETA (2)

O comercio en alimentos e produtos agrícolas concentrouse aínda máis en mans de grandes produtores, poñendo en risco a soberanía alimentaria en ambos os lados e deixando aos pequenos agricultores, consumidores e ao planeta desprotexido (3)

O tratado creou un paraíso para o lobby corporativo, elevando o poder das multinacionais para cambiar regulacións e proteccións. En palabras de David Plunkett, negociador do CETA e agora representante das empresas canadenses en Bruxelas “Por primeira vez o CETA inclúe un capítulo sobre a cooperación reguladora que dá ás empresas canadenses a oportunidade de ter información de primeira e con antelación sobre o que os gobernos teñen planeado facer (en termos reguladores)” (4)

Notas

(1) https://www.cbc.ca/news/politics/ceta-anniversary-imports-exports-1.4823822 https://www.bnnbloomberg.ca/ceta-s-extended-drug-patents-could-cost-ottawa-270m-a-year-pbo-1.1067850

(2) https://www.cbc.ca/news/politics/ceta-anniversary-imports-exports-1.4823822 // http://www.expansion.com/directivos/2018/08/08/5b6aaf7ae5fdea69408b4573.html

(3) https://www.bnnbloomberg.ca/ceta-s-extended-drug-patents-could-cost-ottawa-270m-a-year-pbo-1.1067850 // https://www.cbc.ca/news/canada/nova-scotia/canada-europe-lobster-exports-united-states-1.4453256

(4) https://business.financialpost.com/legal-post/0912-biz-jm-melnitzer

Fonte: No al TTIP


											

Comments are closed