Un comité de especialistas insta a deter a proliferación dos ISDS baixo o CPTPP

tppa-cartoon-trans-pacific-partnership

Voxy | 14 de agosto de 2018

“Unha serie de organizacións laborais, sanitarias e ecoloxistas piden que se incorpore unha cláusula no proxecto de lei de emenda do Acordo Global e Progresivo de Asociación Transpacífica (CPTPP, na súa sigla en inglés) que impida que os futuros gobernos amplíen a solución de controversias entre investidores e Estados (ISDS, na súa sigla en inglés) aos países que desexen adherirse ao acordo”, afirma Oliver Hailes, portavoz de It’s Our Future, a rede de oposición ao Acordo de Asociación Transpacífica (TPPA) e a outros tratados económicos que socavan a democracia.

“Suxerimos unha redacción para lograr ese resultado, e alentamos a todos os neozelandeses a que se presenten antes do venres en apoio dunha emenda para deter a propagación deo ISDS”. A Comisión de Relacións Exteriores, Defensa e Comercio está a examinar un proxecto de lei que modificaría a lexislación de Nova Zelandia para cumprir coas obrigas inminentes e achandar o camiño para que o Goberno ratifique o CPTPP.

It’s Our Future recomendou unha nova cláusula para o proxecto de lei que evitaría que un futuro goberno consinta que calquera país adicional se sume ao controvertido acordo sen antes asinar un instrumento vinculante con ese país no que se comprometa a excluír o ISDS contra Nova Zelandia.

Hailes aplaudiu a política do Goberno laborista de non incluír os ISDS en futuros acordos comerciais, pero sinalou que, no entanto, os ISDS poderían ampliarse no marco do CPTPP porque, segundo distintas informacións, varios países expresaron o seu interese en adherirse: os Estados Unidos, o Reino Unido, Corea do Sur, Tailandia, Taiwan, Filipinas, Indonesia e Colombia.

“O noso Parlamento debe evitar que Nova Zelandia caia máis profundamente no desacreditado sistema ISDS transformando a política do actual Goberno nun compromiso vinculante en virtude da lexislación nacional”.

Estas organizacións apoiaron formalmente a proposta de modificación para deter a propagación dos ISDS: ActionStation, Association of Salaried Medical Specialists (ASMS), Campaign Against Foreign Control of Aotearoa (CAFCA), Council of Trade Unions (CTU), Doctors for Healthy Trade, First Union, It’s Our Future – Kiwis Concerned About TPPA, OraTaiao – New Zealand Climate and Health Council, Public Service Association (PSA), Public Health Association (PHA), e Tertiary Education Union (TEU).

Fonte: bilaterals.org

Comments are closed