Unidos Podemos prepara dúas iniciativas máis para levar o CETA ao Constitucional

ALEJANDRO LÓPEZ DE MIGUEL

Unha é o control previo de constitucionalidade que rexistrará no Senado. O recurso de inconstitucionalidade é a última bala da formación contra o polémico tratado comercial entre a UE e Canadá, aprobado este xoves no Congreso.

58a4373cc03b1

Varios manifestantes bloquean o acceso ao Parlamento Europeo, en Estrasburgo (Francia) mentras protestan contra o tratado de libre comercio e inversión da Unión Europea con Canadá (CETA). EFE

Unidos Podemos seguirá tentando que as Cortes Xerais non ratifiquen o polémico acordo comercial entre a UE e Canadá, CETA. Despois de que o Congreso dos Deputados dese luz verde ao tratado, este xoves, o texto de máis de 1.600 páxinas debe pasar ao Senado, onde previsiblemente non haberá obstáculos para a súa aprobación, debido á maioría absoluta da que goza o PP nesta Cámara.

No entanto, e como advertía o xoves o seu portavoz de Exteriores no Congreso, Pablo Bustinduy, Unidos Podemos ten previstos algúns movementos para frear un tratado que Bustinduy considera “anticonstitucional” e “nocivo”. En concreto, no Senado planean pedir o control previo de constitucionalidade, a mesma estratexia que puxeron en práctica na Cámara Baixa, e que naufragou cos votos en contra de PP, PSOE, e C’s, entre outros.

Podemos recoñece o “medio paso” -en palabras do seu líder, Pablo Iglesias- dado polo Partido Socialista ao moverse do “si” ao CETA cara a abstención, pero seguirá presionando á formación de Pedro Sánchez para que apoie que o Tribunal Constitucional revise o tratado, aínda que o fará co ton conciliador que utiliza desde o debate da moción de censura a Mariano Rajoy.

Tendo en conta a forza da que goza o PP no Senado, previsiblemente nin sequera co apoio do PSOE podería lograr que esta iniciativa saíse adiante.

Recurso de inconstitucionalidade

A segunda opción é presentar un recurso de inconstitucionalidade ante o Alto Tribunal; Unidos Podemos e as confluencias contan con 67 deputados na Cámara Baixa, polo que superarían o límite de 50 parlamentarios que marca o Artigo 162 da Carta Magna para interpor un recurso destas características. O Grupo Confederal Unidos Podemos- En Comú Podem- En Marea gardará esta carta ata o final, aínda que xa contaban con esta baza moito antes de que o CETA chegase ás institucións españolas.

Paralelamente, Podemos segue o proceso que ten lugar no Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), que estuda si debe ou non pronunciarse sobre o polémico tratado, como si fixo o Consello de Estado.

O 1 de xuño, a Comisión Permanente deste órgano pediu ao seu Gabinete Técnico un informe sobre a conveniencia ou non de emitir un informe sobre o acordo. É preceptivo, pero o Goberno non solicitou que se redacte, e foi unha vogal do órgano de goberno dos xuíces, María Concepción Sáez, quen esixiu ao CGPJ que se pronuncie sobre o CETA. Un mes despois de que o Gabinete Técnico recibise este encargo non consta cando estará terminado o informe.

En última instancia, Unidos Podemos observa tamén a tramitación do CETA nos outros 27 parlamentos nacionais -e outra decena de cámaras rexionais- tras lograr luz verde no Europarlamento, en febreiro. As reticencias da rexión belga de Valonia, ou o feito de que outros estados poidan poñerr trabas á súa ratificación, poderían desembocar na entrada do acordo en vía morta, e iso é exactamente o que pretenden.

Cinco países xa ratificaron o CETA

Segundo Tom Kucharz, portavoz de Ecoloxistas en Acción e da Campaña estatal non a TTIP, CETA e TiSA, cinco parlamentos nacionais dos 28 xa ratificaron o criticado acordo comercial: Letonia (23 de febreiro), Canadá, República Checa (parcialmente, só no Senado), Dinamarca e España.

A Campaña na que participa Kucharz, que engloba a máis de 350 colectivos, foi moi crítica co acordo entre Canadá e a UE, ao que se refiren como “o cabalo de Troia” do TTIP.

No seu relato para explicar e contextualizar o CETA, o activista de Ecoloxistas en Acción se retrotrae dez anos, a cando crebaron os fondos especulativos da banca de investimento “que provocaron a gran crise”. A causa desta quebra estaría na globalización neoliberal, que se serve do CETA e outros acordos similares para “eliminar a regulación e o control do sistema financeiro”, polo que a aprobación do tratado serviría como gasolina para alimentar “novas burbullas financeiras e quebras bancarias”, ao seu entender.

Seguiremos rescatando bancos con diñeiro público? Xerando débedas ilexítimas e profundando recortes sociais? Ou cambiamos todo?”. “Acabar co neoliberalismo, distribuír riquezas e democracia ou seguir cun sistema corrupto. Este é o transfondo do debate sobre o CETA”, pecha.

Fonte: Público.es

Comments are closed