O TiSA E A AMEAZA AOS BANCOS PÚBLICOS

stop_megatratados-ef29c-dfbfaPor TNI | 24-4-17

Por que debemos pór fin a este pesadelo financeiro global

O Acordo sobre o Comercio de Servizos (TiSA) representa un ataque contra o carácter público da banca pública en todo o mundo.

Este informe analiza por que o Acordo sobre Comercio de Servizos (ACS, coñecido tamén como TiSA, polas súas siglas en inglés, que son as que usaremos aquí) representa un ataque contra o carácter público da banca pública en todo o mundo. A pesar de 30 anos de privatizacións, os bancos públicos seguen activos na maioría dos países e as comunidades. Con todo, aínda non se expuxo a importancia do TiSA para o futuro dos bancos públicos como unha base para a resistencia.

De feito, ao priorizar unha perspectiva dos servizos financeiros baseada nun modelo privado e orientado ao lucro por encima do ben xeral e a prestación pública, o TiSA afectará os mandatos e as capacidades dos bancos públicos para servir o interese xeral, directa e indirectamente, agora e no futuro. Así, os bancos públicos veranse presionados para internalizar os intereses dunha elite global, privada e corporativa ao empuxar as súas actividades cara a lóxicas competitivas de mercado cada vez máis estreitas, o cal adoita ser un elemento precursor da privatización última dos bancos.

Reiteramos, unha vez máis, que non é que sosteñamos que os bancos públicos sexan perfectos, pero si fan moitas cousas positivas. E nestes momentos moitas organizacións da sociedade civil están a facer un traballo importante para melloralos e facelos máis responsables. O TiSA só socavará o potencial dos bancos públicos. En resumo: os bancos públicos aínda ofrecen alternativas viables, desexables e defendibles ao neoliberalismo e a financiarización, e representan un modelo que se debe protexer da arremetida do TiSA en prol do ben público.

Descargar PDF (Castelán)

Fonte: TNI

Comments are closed