Rajoy dá por morto o TTIP: “Foi unha operación frustrada”

El presidente del Gobierno, Mariano Rajoy, durante su intervención ante el pleno del Congreso donde expone las conclusiones del último Consejo Europeo EFE/Chema Moya

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, durante a súa intervención ante o pleno do Congreso onde expón as conclusións do último Consello Europeo EFE/Chema Moya

ALEJANDRO LÓPEZ DE MIGUEL @Alopezdemiguel

Bruxelas recoñece que o acordo comercial con EEUU está en soporte vital, pero afirma que respira. Porén, o presidente do Goberno dá por feito que non sairá adiante -“As cousas son como son”-, e pide concentrar esforzos nas negociacións con Mercosur, México, e o Xapón, ademais de defender a ratificación do ‘TTIP canadense’, o CETA.

Bruxelas recoñece que mantén o TTIP en soporte vital, pero ata a data non se ten atrevido a dar por morto o tratado de libre comercio entre a UE e EEUU, algo que si fai o presidente do Goberno español. Mariano Rajoy deu por fracasadas as negociacións sobre o polémico acordo comercial, criticado pola súa opacidade e polo peso que outorgaría ás multinacionais de ambos lados do Atlántico, asegurando que este tratado “foi unha operación frustrada”.

Este mércores, durante a súa intervención ante o pleno do Congreso dos Deputados para expoñer as conclusións do último Consello Europeo, o líder do Executivo afirmaba ter expresado incluso que se siga intentando o tratado de libre comercio con EEUU”. “Creo que foi unha operación frustrada, unha das operacións máis importantes que se puideron facer en moito tempo”, afirmaba Rajoy desde la tribuna de oradores de la Cámara Baja.

Obviando as diferenzas entre os diferentes estudios sobre o impacto destes tratados – o Goberno aférrase ao que desenvolveu o think tank da Patronal- o líder do PP sostiña que “sen dúbida algunha” o TTIP suporía un incremento importante do PIB na UE e tamén en España, a pesar de que distintos informes apuntan exactamente na dirección contraria. “Mais ben, as cousas son como son”, lamentaba, pedindo concentrar esforzos nos acordos con Mercosur, México, Chile, e o Xapón, e muoi especialmente no tratado comercial con Canadá, CETA, considerado por activistas e grupos políticos críticos o “xemelgo” do Transatlantic Trade and Investment Partnership (TTIP, en inglés).

Fontes do Ministerio de Exteriores aseguran a Público que o Comprehensive Economic and Trade Agreement (CETA) chegará ao Consello de Ministros nun par de semanas, polo que previsiblemente pasará ao Congreso o vindeiro mes de abril. E, se o PSOE mantén a posición que adoptou no Europarlamento durante a votación d CETA hai un mes, a todas luces o acordo obterá luz verde no Parlamento español, grazas ao respaldo de socialistas, PP e Ciudadanos.

Así, o líder do partido laranxa, Albert Rivera, afirmaba na súa réplica a Rajoy que está “totalmente de acordo” cos tratados de libre comercio. “Se Trump quere pechar fronteiras e poñer aranceis, aproveitemos” para lograr que as empresas europeas “entren mellor en Canadá”, pedía Rivera.

A situación de parálise que afronta o TTIP obedece a varias razóns: as numerosas críticas vertidas por centos de organizacións sociais, sindicais o medioambientais -só a Campaña estatal non ao TTIP aglutina a 350 entidades-, a división entre grupos que tradicionalmente o apoiaron -especialmente os socialistas europeos- e o feito de que o novo presidente estadounidense, Donald Trump, tense declarado contrario a este tipo de acordos, e incluso teña firmado a orden executiva para que o seu país se retire do TPP, o tamén polémico acordo transpacífico.

Pola súa banda, o portavoz de Unidos Podemos na Comisión de Exteriores, Pablo Bustinduy, celebra que “os esforzos da sociedade civil organizada e as súas mobilizacións” estean “dando os seus froitos”. “Están dificultando e obstaculizando a axenda neoliberal destes novos modelos comerciais. Son modelos que buscan xerar un cambio constitucional, prolongar o xigantesco transvase das rendas das clases traballadoras aos rentistas, os especuladores, así como o modelo de estas novas finanzas globais”, asegura a Público.

Ao seu entender, as palabras de Rajoy son tamén unha sinal “que indica que temos que seguir loitando”, que toca “concentrar esforzos para parar o CETA y o TiSA [tratado sobre servizos que negocian medio centenar de países, entre eles os 28], que buscan sancionar un modelo de sociedade inxusto, errado, ineficaz e quebrado”. “Non pararemos ata que estes tratados comerciais sexan un mal soño do pasado”, concluía.

Fonte: Público.es

Comments are closed