ROLDA DE PRENSA para presentar a mobilización central de Galiza durante o Outono En Resistencia Global

13 de Outubro de 2016

NON AO TTIP GALIZA CONVOCA

MANIFESTACIÓN NACIONAL

CONTRA OS TRATADOS DE LIBRE COMERCIO

ROLDA DE PRENSA para presentar a mobilización central de Galiza

durante o Outono En Resistencia Global

Vigo.- A Campaña Non ao TTIP Galiza integrada por máis de 50 organizacións* de todo o territorio galego convoca aos medios de comunicación o XOVES 13 DE NOVEMBRO ás 11.00 horas para a presentación da Manifestación Nacional contra os Tratados de Libre Comercio “Nin CETA, Nin TTIP, Nin TISA!!”, que terá lugar o vindeiro sábado 15 de outubro na cidade olívica.

Galiza estará de novo mobilizándose contra este tipo de tratados, que se moven e acordan no máis absoluto secretismo, e que implican a eliminación da soberanía dos pobos e dos estados, en prol do das grandes transnacionais, así como medidas de esmagamento dos dereitos humanos e o planeta.

A manifestación forma parte das diversas accións coordinadas que terán lugar por todo o mundo contra os diferentes Tratados de Libre Comercio e Investimentos entre os meses de setembro a novembro. Os 5 continentes mobilizaranse durante unha longa campaña de tres meses denominada “Outono en Resistencia”.

Acto: Rolda de Prensa Presentación Manifestación Nacional Contra os Tratados de Libre Comercio

Lugar: Local da FAVEC (Pza. Princesa, 7 2º – 36202 – Vigo, Pontevedra)

Data: Xoves, 13 de Outubro de 2016

Hora: 11:00 horas

Intervirán:

Representantes das diferentes organizacións sociais, políticas e sindicais que conforman a Campaña Non ao TTIP Galiza

*As organizacións formantes da Campaña Non ao TTIP Galiza e convocantes da mobilización do 15 do Outubro son:

ACOUGA

ADEGA

ADICAE

AER Agrupación de Electores de Redondela

A Cova dos Ratos

Amigos da Terra

ANOVA Vigo-Mos

ANOVA-Irmandade Nacionalista

BNG

Candidatura de Unidade Popular Chantada (CUP)

CCOO (SN de Galiza)

CIG

Comités Abertos

Compostela Aberta

Consumo Consciente Árbore, Soc. Coop. Galega

ContraMINAcción

Coordinadora Galega de ONGD

Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres

Democracia Real Xa-Vigo

DesPensa

ECOAR)))

En Marea

Entremos na Panificadora

EQUO Galiza

Esquerda Unida

Fronte Cívica Somos Maioría

Greenpeace Galicia

Marchas da Dignidade (Columna Galega)

Marea Atlántica

Marea Pontevedra

Marea de Vigo

Os Ninguéns

ODS Coia

Panxea

Partido Comunista de Galicia

Plataforma Cidadá de Ourense “Non ao TTIP”

Plataforma “Non ao TTIP” Ría de Arousa

Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños

Podemos Galicia

Podemos Gondomar

Podemos O Barco

Podemos Vigo

Riada Cidadá O Barco

Rede Social Galicia Sur

RSP-Vigo

Sindicato Ferroviario SF-Intersindical

Sindicato Labrego Galego

TANKOllectif

Tarabela Grupo de Consumo

Verdegaia

Xuventude Comunista

Zocamiñoca

—————————————————————————————————————————————————————-

FIN

Máis información: nonaottip@gmail.com

Comments are closed