Sete advertencias sobre os acordos comerciais con Xapón e Singapura que Bruxelas pretende aprobar

Playa_Pinedo_Valencia_David_FernandezA Comisión Europea presentou os acordos comerciais do tipo TTIP con Xapón e Singapura para a súa aprobación acelerada, sen pasar polos parlamentos nacionais, coa intención de evitar unha repetición das protestas públicas que case descarrilaron o tratado comercial con Canadá ( CETA) en 2016.

elsaltodiario.com

Tom Kucharz

Tratados comerciais con Xapón e Singapura: tan importante ou máis que TTIP ou CETA

O 18 de abril, o vicepresidente da Comisión Europea, Jyrki Katainen, e a Comisaria de Comercio, Cecilia Malmström, anunciaron que os acordos comerciais con Xapón (JEFTA) e Singapura só serán aprobados polo Consexo de Ministros da UE yeo Parlamento Europeo.

Xapón é a cuarta economía máis grande do mundo e o segundo socio comercial da UE en Asia. Xuntos moven máis dun terzo da economía mundial, polo que o “maior acordo comercial bilateral xamais negociado” pola Unión Europea é tan importante ou máis que TTIP o CETA. Singapura, pola súa banda, é un paraíso fiscal e ten un dos portos máis activos do mundo conectando mercadorías con máis de 600 portos en 123 países.

Os acordos foron anunciados como un “éxito fronte á política agresiva” de Trump, aínda que inclúen as mesmas áreas temáticas que foron negociadas con EE UU (co famoso TTIP, polo momento no conxelador) e con Canadá ( CETA, en proceso de ratificación), tales como servizos públicos, regulamentación, contratación pública, alimentación e agricultura. Tamén está previsto liberalizar o comercio de datos, cando o escándalo da venda ilegal de datos por Facebook mostra os seu perigo inherentes.

Os dous acordos poderían entrar en vigor despois da súa aprobación polos gobernos nacionais e o Parlamento Europeo, en lugar de ter que esperar a ratificación dos parlamentos nacionais e incluso rexionais. Isto quere dicir que Bruxelas tenta impoñelos á marxe do escrutinio parlamentario e público. Outro disparate antidemocrático da política europea que trata de borrar as protestas masivas contra CETA e TTIP da memoria colectiva.

Divide e vencerás: os parlamentos, excluídos da política comercial

Como informamos anteriormente, os acordos con Xapón e Singapura reciben a categoría “EU- only”, o que quere dicir que inclúen —segundo a Comisión Europea— só contidos das súas competencias exclusivas e non requiren da aprobación polos parlamentos nacionais. A Comisión Europea e o Consello levan meses discutindo o cambio das regras para “negociar, asinar e concluír acordos de comercio de forma máis rápida”. Con Xapón e Singapura aplícase a nova doutrina que consiste en separar os acordos entre unha parte comercial e outra coas disposicións sobre protección de investimentos, investimento en carteira e os mecanismos de arbitraxe de disputas entre investidor e Estados (coñecido como ISDS, polas súas siglas en inglés).

Con esta artimaña, exclusivamente os gobernos da UE, Xapón e Singapura, así como o Parlamento Europeo, terán a posibilidade de decidir sobre os pactos comerciais. A Comisión espera que ambos os acordos sexan asinados antes deste verán e entren en vigor a mediados de 2019. Só o acordo de protección dos investimentos con Singapura someterase á ratificación nos Estados membros e tardará máis tempo.

Tendo en conta que JEFTA inclúe a cooperación reguladora que facilita a harmonización á baixa de regulacións ambientais e sanitarias, así como “listas negativas” que facilitan a privatización de servizos públicos, é moi dubidoso que sexa “competencia exclusiva” da UE porque afecta a moitas competencias estatais, rexionais e locais.

É preocupante que ningún Estado membro da UE pedise que os acordos sexan de “carácter mixto” para permitir que os parlamentos nacionais poidan estudar, debater e votalos. A Comisión Europea elimina así o dereito para veto de parlamentos rexionais como Valonia que bloqueou la firma del tratado comercial con Canadá en 2016.

O pacto comercial con Canadá, coñecido como CETA, está a ser sometido a ratificación en todos os parlamentos nacionais da UE e, polo momento, unha maioría dos países non o ratificou. A oposición de Valonia e outras tres rexións de Bélxica, polos posibles danos do CETA aos servizos públicos, a agricultura e a xustiza ordinaria, retrasou a súa entrada en vigor.

Promesas incumpridas: opacidade e control corporativo das negociacións

Contrario ás promesas de Bruxelas, estes acordos negociáronse a porta pechada. Lembran cando Malmström dixo en maio de 2017: “Comprométome a garantir a transparencia e a participación en todas as nosas negociacions?”. En xaneiro de 2018 o seu guión foi similar: “A transparencia é esencial para informar aos cidadáns sobre a nosa política comercial e xerar confianza no que facemos”. Puro fume. O xefe negociador da Comisión Europea para o acordo con Xapón estivo en Tokio en doce visitas entre xuño e novembro de 2017. Pero a información sobre estas visitas non se atopa no sitio web da Comisión. Que acordou cando estivo reunido cos lobbies da “ EU- Japan Business Round Table?”. O que si está claro é que as grandes empresas seguen dominando as negociacións comerciais. En relación ao acordo entre a UE e Xapón, a Comisión Europea celebrou 213 reunións externas con lobistas. O 89% das reunións foi con grupos de presión que representaron á industria e ás patronais. Nin unha sola de estas reunións tivo lugar con representantes de sindicatos, organizacións ecoloxistas ou asociacións de pequenas e medianas empresas.

A “cooperación reguladora” como no TTIP e CETA

O JEFTA contén un capítulo da mal chamada “cooperación reguladora”, un dos aspectos máis cuestionados nos tratados TTIP e CETA.

Esta cooperación lexislativa significa adaptar ou recoñecer mutuamente as normas das dúas partes contratantes a fin de eliminar barreiras comerciais. Ou sexa, minimizar custos para as empresas. Inclúense consultas sobre novas leis e, por tanto, a capacidade da outra parte para bloquear ou atrasar leis. O capítulo ofrece unha porta de entrada para o lobby corporativo. Por exemplo, antes de que se aprobe unha nova lei sobre a contaminación do aire, a industria automobilística xaponesa podería ver os borradores e facer os seus comentarios.

Mediante a “cooperación reguladora” estableceranse varios comités que recibirán amplos dereitos despois da conclusión do tratado. Por exemplo, podería modificar retroactivamente os anexos do acordo. Non se garante un control democrático das decisións destes comités por parte dos parlamentos.

Agricultura familiar, dereitos laborais e medio ambiente en perigo

Para a industria agroalimentaria europea, Xapón debería abrir os seus mercados agrícolas para as exportacións europeas de produtos lácteos e carne. Algo que afectará moi negativamente ao xa moi mermado mundo rural nipón. A pequena agricultura familiar xaponesa ve o JEFTA como unha ameaza para os seus mercados locais e nacionais.

A orientación da política agraria da UE á exportación reduce tamén os ingresos da agricultura familiar europea, que ten que pechar as súas explotacións polos baixos prezos que se pagan. O movemento campesiño leva décadas pedindo un cambio de rumbo, que se aposte polo comercio xusto e os circuítos curtos con produtos de alta calidade que permitan a creación de valor agregado nos pobos onde se producen os alimentos. Se os acordos con Xapón e Singapura entran en vigor, levarán por diante normas de protección social e ambiental e, moi en concreto, os esforzos para frear o cambio climático. Incrementar o comercio de produtos a longuísimas distancias só consumirá máis crú e xerará máis emisións contaminantes que agravan a crise climática.

Outra ameaza dos acordos é como se dilúe o principio de precaución que establece que non debe permitirse a venda de produtos cando non se descarta ao 100% un risco para a saúde e a natureza. No JEFTA, o principio de precaución non está suficientemente protexido. En relación ao uso de pesticidas tóxicos, por exemplo, utilízase o Acordo sobre a Aplicación de Medidas Sanitarias e Fitosanitarias da Organización Mundial do Comercio (OMS), que aplica estándares moito máis baixos para evitar “barreiras comerciais”. Unha ameaza para a saúde. O capítulo de desenvolvemento sustentable do JEFTA non ten un mecanismo sancionador, ou sexa que é un tigre sen dentes. Se os estados ou as empresas vulneren as disposicións do devandito capítulo, non haberá consecuencias. Ademais, Xapón aínda non ratificou algunhas normas laboraisfundamentais da Organización Internacional do Traballo, como o convenio 105 sobre a abolición do traballo forzoso e o convenio 111 sobre a discriminación no emprego.

Non somos alleos ao perigo radioactivo de Fukushima, lonxe de estar “baixo control”

Sete anos despois da catástrofe nuclear de Fukushima, persisten altas doses de radiactividade que supoñen riscos para a saúde humana en áreas próximas á central nuclear e detéctanse niveis letais de radiación na planta. A pesar diso, a Comisión Europea decidiu levantar as súas restricións ás importacións dalgúns alimentos de dez prefecturas, como o arroz cultivado en Fukushima.

Baixo a denominación fukusushi, o Parlamento Europeo adevertiu contra os alimentos radioactivos que poderían chegar a Europa coa firma do JEFTA. O Comité do Medio Ambiente ( ENVI) adoptou en setembro de 2017 unha resolución condenando a decisión de relaxar os controis sobre a radiactividade das importacións xaponesas de alimentos e pensos. O gobernador de Fukushima, Masao Uchibori, visitou recentemente Francia e Reino Unido para promocionar a venda de arroz, carne de res e a froita procesada producidos na súa rexión. Aínda hai millóns de litros de auga, utilizados para arrefriar os reactores nucleares de Fukushima tras a explotación, almacenados en tanques. As autoridades xaponesas planean verter este material no mar o que liberaría unha enorme cantidade de radioactividade na costa do Pacífico. Existe o perigo que peixes, mariscos ou algas capturados alí sexan contaminados e vendidos para o consumo humano.

Despois do desastre en Fukushima, Corea do Sur prohibiu a importación de produtos pesqueiros xaponeses, medida que a Organización Mundial do Comercio (OMC) declarou como “ilegal”. Aínda así, o goberno de Seúl quérea manter.

A industria de automóbiles esixe présas polo Brexit

O acordo JEFTA eliminaría os aranceis da UE do 10% para os automóbiles xaponeses e a taxa do 3% para a maioría das pezas de automóbiles. Iso podería aumentar a importación de coches a Europa e reducir o emprego neste sector, por exemplo, no Estado español. Tamén eliminaría os aranceis xaponeses do 30% ao queixo e o 15% aos viños europeos. Así mesmo, asegura o acceso das grandes multinacionais europeas de servizos ás importantes licitacións públicas en Xapón.

Tanto Bruxelas como Tokio queren garantir que o acordo entre en vigor a principios de 2019, antes da activación do Brexit e a saída formal do Reino Unido da UE a fins de marzo. Se se cumpre este calendario, o JEFTA podería aplicarse automaticamente a Gran Bretaña durante o período de transición ata decembro de 2020. Pola contra, non será así.

E iso afectaría os beneficios das marcas de coches de Xapón que venden gran parte das súas mercadorías á UE desde plataformas británicas. As multinacionais xaponesas dixeron que, co JEFTA en vigor durante o período de transición, daríalle máis tempo ao goberno nipón para establecer un acordo comercial propio con Gran Bretaña.

E agora que? Imos permitilo?

Segundo os plans da Comisión Europea, o Consello de Ministros de Comercio decidirá na súa reunión do 22 de maio sobre os dous acordos, e a votación no Parlamento Europeo podería ter lugar este ano. Agora é o momento do Congreso dos Deputados e os municipios que se declararon “libres do TTIP e CETA” como Barcelona, Zaragoza, Valencia ou Madrid. Sería moi importante que esixan ao Goberno español e aos membros do Parlamento Europeo que non aproben os acordos propostos porque afectarían a vida cotiá de centos de millóns de cidadáns europeos, xaponeses e singapurenses.

Fonte: El Salto

Comments are closed