15 de Outubro de 2016
NON AO TTIP GALIZA CONVOCA
MANIFESTACIÓN NACIONAL
CONTRA OS TRATADOS DE LIBRE COMERCIO
A mobilización central de Galiza durante o Outono En Resistencia Global terá lugar en Vigo baixo o lema “Nin CETA, Nin TTIP, Nin TISA!! Non aos Tratados de Libre Comercio!!
Vigo.- A Campaña Non ao TTIP Galiza integrada por máis de 50 organizacións* convoca este sábado 15 de outubro de 2016 a unha Manifestación Nacional contra os Tratados de Libre Comercio baixo o lema “Nin CETA, Nin TTIP, Nin TISA!!”.
A manifestación percorrerá as rúas de Vigo (cruce de Vía Norte, ás 19:00), sumando a galegas e galegos aos milleiros de voces que durante os meses de setembro a novembro realizarán diversas mobilizacións e accións de xeito continuado e coordinado contra os Tratados de Libre Comercio nos 5 continentes, e que no estado español, concretamente, iniciou a semana de mobilización o pasado 8 de outubro e rematará o vindeiro día 15.
A mobilización en Europa centrarase especialmente en visibilizar e dar resposta ao proceso de aprobación do CETA (acordo entre a UE e Canadá), que en caso de aprobarse converteríase nunha porta traseira para o TTIP (acordo entre a UE e EEUU). O CETA atópase actualmente en proceso de aprobación, e a finais de 2016 dará o seu paso clave coa votación no Parlamento Europeo.
O CETA e o TTIP conteñen mecanismos como o ICS (Sistema Xudicial de Investimentos, onde as empresas poderán denunciar aos estados polo mero feito de non obter beneficios), ao tempo que abren a porta a diversas prácticas contra a saúde ou o medio ambiente como son o fracking ou a eliminación do “principio de precaución”.
Dende a campaña de Non ao TTIP Galiza queremos facer un chamamento a todas as persoas e organizacións da sociedade civil para participar na semana de resistencia contra os Tratados de Libre Comercio e Investimentos, para visibilizar os milleiros de olladas que dende a diversidade esiximos a suspensión de todos os tratados que ameacen ao planeta e os dereitos humanos. O 15 de Outubro Galiza formará parte do”Outono en Resistencia!”, dicindo ben claro que non quere Nin CETA Nin TTIP.
——————————————————————————————————————————————————
*As organizacións formantes da Campaña Non ao TTIP Galiza e convocantes da mobilización do 15 do Outubro son:
ACOUGA
ADEGA
ADICAE
AER Agrupación de Electores de Redondela
A Cova dos Ratos
Amigos da Terra
ANOVA Vigo-Mos
ANOVA-Irmandade Nacionalista
BNG
Candidatura de Unidade Popular Chantada (CUP)
CCOO (SN de Galiza)
CIG
Comités Abertos
Compostela Aberta
Consumo Consciente Árbore, Soc. Coop. Galega
ContraMINAcción
Coordinadora Galega de ONGD
Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres
Democracia Real Xa-Vigo
DesPensa
ECOAR)))
En Marea
Entremos na Panificadora
EQUO Galiza
Esquerda Unida
Fronte Cívica Somos Maioría
Greenpeace Galicia
Marchas da Dignidade (Columna Galega)
Marea Atlántica
Marea Pontevedra
Marea de Vigo
Os Ninguéns
ODS Coia
Panxea
Partido Comunista de Galicia
Plataforma Cidadá de Ourense “Non ao TTIP”
Plataforma “Non ao TTIP” Ría de Arousa
Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños
Podemos Galicia
Podemos Gondomar
Podemos O Barco
Podemos Vigo
Riada Cidadá O Barco
Rede Social Galicia Sur
RSP-Vigo
Sindicato Ferroviario SF-Intersindical
Sindicato Labrego Galego
TANKOllectif
Tarabela Grupo de Consumo
Verdegaia
Xuventude Comunista
Zocamiñoca
——————————————————————————————————————————————————
FIN
Máis información: nonaottip@gmail.com