Inician as negociacións en Nacións Unidas sobre o Tratado Vinculante

Unha cifra récord de estados asiste ao comezo das negociacións de Nacións Unidas para un tratado sobre empresas transnacionais e outras empresas con respecto aos dereitos humanos

16 de outubro de 2018, Xenebra: o pioneiro proceso que apunta a que as empresas transnacionais rendan contas das súas violacións de dereitos humanos está a captar cada vez máis a atención dos delegados dos estados membros de Nacións Unidas, a sociedade civil e os representantes dos pobos de todo o mundo. Membros dos parlamentos de máis de 30 países, incluído do Parlamento Europeo(1), e máis de 700 organizacións da sociedade civil han expresado o seu apoio oficial ao proceso(2).

Pablo Fajardo, representante da Unión de Persoas Afectadas por Chevron(3), dixo: “As persoas afectadas polas operacións de corporacións transnacionais tentaron durante décadas acceder á xustiza en múltiples tribunais. Con todo, o sistema actual non nos permite o acceso á xustiza e a impunidade persiste. O tratado debe ser o instrumento que garanta na práctica o acceso á xustiza para os pobos cuxos dereitos humanos foran violados, -garantindo que ditas violacións non se repitan e que se logre a súa reparación”.

Gi Soo Park, de La Vía Campesina(4), aludiu á recente resolución do Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas para adoptar a declaración dos dereitos dos campesiños(5), “A declaración dos dereitos humanos dos campesiños trata sobre como podemos protexer a soberanía alimentaria do noso pobo e xerar conciencia sobre a destrución das nosas comunidades por parte das empresas transnacionais. Non é perfecto, pero é unha forma de promover a idea de que temos dereitos como campesiños. Protexer o noso dereito de vivir en harmonía coa natureza é o que estamos a buscar. Esperamos que esta declaración contribúa ao tratado sobre empresas transnacionais”.

Kea Seipato, Coordinador da sección do sur de África da Campaña Global para reivindicar a soberanía dos pobos, desmantelar o poder corporativo e poñer fin á impunidade(6), destacou que “a xente do sur de África pide un desenvolvemento auto-determinado e esixe un Tratado que o garanta. Están a pedir o ‘dereito para dicir non’ ao saqueo das empresas transnacionais”.

Karin Nansen, Presidenta de Amigos de la Tierra Internacional(7) dixo: “As organizacións e os movementos sociais de todo o mundo están a esixir xustiza e o fin da impunidade das empresas transnacionais responsables da violación sistemática dos dereitos dos pobos. Pedimos a adopción dun Tratado vinculante que estableza a responsabilidade legal directa ás empresas transnacionais e aos seus xerentes ao longo da cadea de produción. Só podemos garantir o acceso á xustiza aos afectados cun mecanismo de execución efectivo. O Tratado debe poñer diante os dereitos humanos sobre os acordos de libre comercio e investimentos”.

Lola Sánchez, membro do Parlamento Europeo, dixo: “É a quenda da xente, para asegurarnos de que os nosos Estados, -aqueles que teñen voz e voto nas Nacións Unidas-, falen cunha voz que non nos avergoñe, e de que defenden a nosa demanda de xustiza e dereitos humanos”.

Máis de 100 delegados de máis de 40 países que representan movementos sociais, sindicatos, comunidades afectadas por violacións de dereitos humanos por parte de empresas transnacionais e organizacións da sociedade civil están en Xenebra esta semana para presentar as súas propostas na cuarta sesión do Grupo de Traballo Intergobernamental de Composición Aberta sobre empresas transnacionais e outras empresas con respecto aos dereitos humanos.(8)

 

NOTA AOS REDACTORES

(1) Lista de asinantes da iniciativa interparlamentaria para un Tratado vinculante de Nacións Unidas sobre empresas transnacionais con respecto aos dereitos humanos: http://bindingtreaty.org/

(2) Declaracións da Alianza polo Tratado: https://www.treatymovement.com/

(3) Unión de persoas afectadas por Chevron: http://texacotoxico.net/en/

(4) La Vía Campesina: https:// viacampesina. org/

(5) https:// viacampesina. org/en/un- human- rights- council- passes-a- resolution- adopting- the- peasant- rights- declaration- in- geneva/

(6) A Campaña Global para Reivindicar a Soberanía dos Pobos, Desmantelar o Poder das Transnacionais e poñer Fin á Impunidade (Campaña Global) é unha rede de máis de 250 movementos sociais, organizacións da sociedade civil, sindicatos e comunidades afectadas polas actividades das empresas transnacionais ( ETNs). Estes grupos resístense á apropiación de terras, a minería extractiva, os salarios de explotación e a destrución ambiental causada polas ETNs a nivel mundial, pero en particular en África, Asia, Europa e América Latina. https://www.stopcorporateimpunity.org/

(7) Amigos da Terra Internacional https://www.foei.org/

(8) Este mandato é o resultado da resolución 26/9 adoptada polo Consello de Dereitos Humanos en 2014: https://www.ohchr.org/en/hrbodies/hrc/wgtranscorp/pages/igwgontnc. aspx

Fonte: No al TTIP

Comments are closed