Vía Campesina | 2 de setembro, 2019
Pasadas dúas décadas desde a súa fundación, os propios creadores da Organización Mundial do Comercio (OMC), unha das principais abandeiradas da globalización e o neoliberalismo, levárona a unha crise existencial. E isto dáse nun momento no que os campesiños e os pobos indíxenas están visiblemente peor que hai dúas décadas: víronse as caras co descomunal desgaste e a expropiación forzosa das súas terras, ríos, océanos e bosques por parte de empresas que se lucran grazas á fame dos demais. Os mercados campesiños autóctonos e os sistemas de alimentación de varios países víronse minguados por un comercio internacional que só busca mercantilizarlo absolutamente todo, incluíndo os alimentos.
Para ser unha organización que incluíu entre os seus obxectivos principais «axudar a que os países en vías de desenvolvemento benficiáranse do sistema de comercio global», a OMC é unha das culpables das realidades ás que se enfrontan hoxe eses mesmos países: aumento do desemprego no medio rural, aumento das desigualdades tanto entre países como dentro deles, e aumento da débeda mundial per cápita.
A Vía Campesina leva moito tempo advertindo ao mundo do risco que conlevan a falta de regulación e a expansión desenfreada do capital global. Os traballadores e traballadoras do medio rural alimentan ao 70 % da poboación mundial, pero foron os primeiros en encararse co lado escuro dos acordos de libre comercio propostos pola OMC e por outras institucións multilaterais. A OMC tomou a iniciativa á hora de seducir e coaccionar aos nosos gobernos para adherirse aos grandiosos plans duns cuantos países ricos. A devastación que causou este modelo descendente de gobernanza global empezouse a notar nos nosos territorios: esborralláronse os prezos dos produtos, destruíronse os mercados campesiños locais, perdeuse de golpe a rica biodiversidade que existía nos nosos campos, eliminouse a nosa autonomía sobre as sementes e expulsouse do seu territorio a millóns dos nosos irmáns e irmás.
E é esta destrución dos campos o que forzou a un dos nosos, Le Kyung Hae de Corea do Sur, a quitarse a vida ás portas dunha conferencia ministerial da OMC en Cancún, México, no ano 2003. O día 10 de setembro dese mesmo ano, cando cometeu esta acción tan tráxica, levaba colgado un cartel do pescozo: « WTO Kills Farmers (A OMC mata os granxeiros)». Le dedicábase a cultivar arroz na zona rural de Corea, ata que o perdeu todo por mor da caída dos prezos resultado da importación de arroz e carne baratas, unha das consecuencias dos acordos de libre comercio impulsados pola OMC. Decidiu dar un paso tan extremo porque os poucos ricos que estaban á cabeza destas institucións vivían demasiado afastados da realidade cotiá do campo. O seu sacrificio levou os sufrimentos do mundo rural ata as mesmas portas da OMC. Mesmo nos seus últimos momentos fixo eco das peticións dos campesiños e campesiñas das comunidades rurais de todo o mundo: «manter a agricultura lonxe das negociacións de libre comercio da OMC».
Desde entón, La Vía Campesina celebra o 10 de setembro de cada ano o Día de Acción Global contra a OMC e os Acordos de Libre Comercio, para manter viva a memoria de Le Kyung Hae e non calar #ante as desastrosas consecuencias do comercio libre internacional.
Pasaron dezaseis anos desde esa traxedia. Que cambiou?
Nada, salvo que as mans que daban para comer á OMC néganse a continuar. Resulta irónico que os ricos líderes do capitalismo digan que lles foi mal na OMC. Fai que automaticamente nos expoñamos unha pregunta: a quen lle foi ben, entón? Pero que non nos enganen con esta sarta de ameazas falsas proferidas polos países occidentais para abandonar a OMC. O que estivemos vendo durante a última década é que pasaron ao «plan B»: varios acordos bilaterais e rexionais de comercio aínda máis libre e novos bloques de comercio unificados.
Así, mentres que si é posible que se debilite ou mesmo se disolva a OMC, o capitalismo busca continuar prosperando doutra maneira. Recibe nomes distintos segundo o continente.
A Asociación Económica Integral Rexional ( RCEP, polas súas siglas en inglés) inclúe aos países ASEAN, India, Australia e Nova Zelandia. É un destes acordos de comercio modernos que aspiran a crear na rexión un mercado unificado que se negocie «fóra da OMC». As organizacións campesiñas xa sinalaron como isto podería impactar moi negativamente os seus medios de vida (especialmente no caso dos pequenos produtores de lácteos) e como podería impoñer leis máis restritivas sobre as sementes, entre outros. Aínda así, séguese negociando a porta pechada e da maneira máis opaca posible. E faio xente que nin sabe o que é un arado!
O Acordo UE- Mercosur entre Europa e o bloque político-económico que comprende Arxentina, Brasil, Paraguai, Uruguai e Venezuela, que tras dezasete anos de negociacións ratificouse por parte da Comisión Europea en xullo deste ano, é un caso similar. A Coordinadora Europea de Vía Campesiña ( ECVC) xa avisou de que o tratado con Mercosur ameaza con minar os estándares de sanidade, medio ambiente e benestar animal na Unión Europea, ademais de carecer de coherencia cos altos estándares sentados na COP 23. As organizacións campesiñas do bloque Mercosur descríbeno como un modelo neocolonialista cuxo resultado será unha concentración do capital en moi poucas mans ou, dito doutra maneira, a pobreza da maioría da poboación.
O Tratado de Libre Comercio Africano é un enorme acordo rexional de libre comercio. Está «baseado na noción de que a liberalización do comercio, mediante a redución de obstáculos arancelarios e non arancelarios, aumentará drasticamente o comercio intracontinental, e que este aumento do comercio será beneficioso para todos» ( CADTM, 20191). Nada máis lonxe da verdade.
As organizacións agrarias de Canadá tamén fixeron un chamamento ao Tratado entre México, Estados Unidos e Canadá ( USMCA, coñecido anteriormente como NAFTA), xa que non logrou solucionar as preocupacións dos produtores de gran e lácteos do seu país.
O Tratado Integral e Progresivo de Acción Transpacífico ( CPTPP, polas súas siglas en inglés) entre Australia, Brunei, Canadá, Chile, Xapón, Malaisia, México, Nova Zelandia, Perú, Singapura e Vietnam, á súa vez, é responsable da captura dos sistemas de sementes por parte das corporacións, a disolución da regulación de transxénicos e unha das grandes preocupacións dos pequenos produtores de alimentos.
Moitos destes acordos comerciais, se non todos, levan implícita a controversia da arbitraxe de diferenzas investidor-estado ( ISDS), o que para todos os efectos permite ás empresas privadas ignorar as leis de soberanía nacional dos diversos países e demandar aos gobernos se ameazan a súa marxe de beneficios. Trátase dun sistema que permite que empresas privadas multinacionais leven a xuízo a un país soberano, fronte a un tribunal elixido de maneira opaca, polo «delito» de decantarse polo benestar da súa cidadanía antes que polos beneficios. Trátase dun perigo ao que hai que opoñerse firmemente.
NON Á OMC E AOS TRATADOS DE LIBRE COMERCIO!
MOBILÍCENSE POR UNHA ALTERNATIVA LIDERADA POR CAMPESIÑXS!
Por todo isto, A Vía Campesiña fai un chamado a todos os seus membros e aliados para que non se deixen enganar pola cortina de fume de que «a OMC estase a debilitar», e sexan conscientes de que os enormes acordos bilaterais de comercio libre son mesmo máis prexudiciais.
Mentres lembramos a Le Kyung Hae este mes de setembro, mobilicemos, eduquemos e organicemos a xs membrxs do noso movemento que se atopan no medio rural e a nosxs aliadxs. Teñen que ser conscientes dos perigos que entrañan estas negociacións comerciais a porta pechada. É importante que rexeitemos todo tipo de acordos de libre comercio e que traballemos para desmantelar completamente a OMC mentres se prepara para a seguinte reunión ministerial en Casaquistán.
É de suma importancia informar a todo o mundo de que existen alternativas, lideradas por campesiños e campesiñas, que poden alimentar ás persoas e, á vez, salvar o planeta. A Declaración das Nacións Unidas sobre os Dereitos dos Campesiños e Outras Persoas que Traballan en Zonas Rurais ( UNDROP), que foi unha vitoria para o noso movemento tras dezasete anos de duras negociacións, é un instrumento que protexe os dereitos da nosa xente. Estes esforzos terán que poñerse en práctica nos nosos países.
É crucial para os nosos movementos que impulsemos e reforcemos os mercados campesiños globais, que venden alimentos producidos na súa área xeográfica e cultivados con métodos agroecológicos. Iso é o que representa e respecta a diversidade dos sistemas alimentarios locais. Esiximos políticas nacionais que reforcen eses sistemas campesiños de mercado e rexeiten os acordos de libre comercio que os ameazan.
Así mesmo, os nosos movementos tamén deben apoiar a Campaña Global para un Tratado Vinculante da ONU sobre as Corporacións Transnacionais e os Dereitos Humanos, cuxo obxectivo é terminar coa impunidade das corporacións transnacionais e eliminar o ISDS de todos os acordos de libre comercio.
A partir do día 10 de setembro, pedimos ás 182 organizacións dentro da Vía Campesina en 81 países, a todos os movementos sociais que nos son aliados, ás institucións académicas, ás escolas de formación política e ás ONG, que organicen accións directas, eventos públicos, sesións de formación e manifestacións para expoñer os perigos que entrañan estes acordos de libre comercio nos seus propios rexións e países, e tamén que presenten alternativas enraizadas nos nosos contextos, culturas e biodiversidades locais.
Que este chamamento ás accións globais, unha vez máis, sexa por…
«OMC, acordos de libre comercio: fóra da agricultura e os alimentos!»
«Sistema de comercio campesiño por encima do libre comercio»
«Soberanía alimentaria, non libre comercio!»
Envía os detalles das túas accións planeadas a lvcweb@viacampesina.org ou compárteos en Social Media cos hashtags # WTOKillsPeasants # FoodSovereigntyNow. Segue a nosa páxina de Facebook e Twitter para ver os debuxos animados e os carteis oficiais de 2019 que se lanzarán durante a semana. Para descargar carteis dos nosos arquivos, faga clic aquí e para crear os seus propios carteis, probe neste enlace.
Fonte: Via Campesina